O Messenger permite sincronizar os contactos con Instagram

xoves, 19 de xullo do 2018 Marcus Fernández

En moitos mercados a aplicación de mensaxería líder é o Messenger de Facebook (que goza da popularidade que en España ten WhatsApp) e, para que gañe aínda un maior nivel de uso está a integrar unha nova funcionalidade: a posibilidade de sincronizarse con Instagram para poder contar no Messenger como contactos aos amigos que teñamos en Instagram.
Esta funcionalidade permite ampliar o alcance do Messenger como ferramenta de comunicación, aínda que haberá que ver se nas vindeiras semanas mudan lixeiramente á prestación, atendendo ao malestar dalgúns usuarios, que non ven oportuno que esta sincronización de contactos sexa total (preferirían poder elixir os contactos a importar).
Resulta bastante rechamante ver como Facebook, Messenger e Instagram, pese a diferenciarse como aplicacións, están a ter cada vez máis nexos comúns, reforzando en conxunto o peso que ten Facebook nas plataformas sociais máis usadas a nivel mundial, e aproveitando o éxito dunhas plataformas para potenciar ao resto.

PUBLICIDADE