O Messenger quere axudar a celebrar o amor

martes, 13 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

O Día dos Namorados tamén se celebra en Facebook, e para facelo máis especial decidiron aproveitar as funcionalidades do seu Messenger para axudar a conectar máis ás parellas durante este 14 de febreiro, de xeito que os usuarios que recentemente fixeran público en Facebook que están a manter unha relación romántica, recibirán unha notificación que abrirá unha conversa coa persoa que queren.
Na conversa establecida as pantallas dos móbiles que establezan a comunicación encheranse de corazóns caendo; a súa emoticona personalizada será 😍 para expresar amor dun xeito rápido e doado; animarase aos usuarios a personalizar a conversa con cores de texto, emoticonas e alcumes; e a persoa querida será a primeira que aparecerá na listaxe de conversas dispoñibles.
A cámara do Messenger tamén contará con filtros e efectos cheos de corazóns para facilitar a expresión do amor durante o Día de San Valentín, estando estes filtros e efectos tamén dispoñible durante as charlas en vídeo.

PUBLICIDADE