O Mi MIX 3 sae á venda oficialmente en España
martes, 8 de xaneiro do 2019
En outubro presentouse o Mi MIX 3, un smartphone de marcos
reducidos que para maximizar o espazo do súa pantalla na frontal optou por un
deseño deslizante para agochar a súa cámara frontal, conseguindo así que a súa
pantalla de 6,39 polgadas ocupase o 93,4% do espazo, converténdose nun dos
terminais máis atractivos do catálogo de Xiaomi, e que por fin chega oficialmente a España a un
prezo de 499 euros para o seu modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento interno.
Este smartphone de corpo cerámico pode considerarse como o terminal estrela de
Xiaomi, non só polo seu deseño, senón tamén por coidar o seu apartado
fotográfico (a súa cámara traseira dual de 12 + 12 Mpíxeles consegue unhas
magníficas instantáneas incluso con pouca luz e o móbil recibiu unha puntuación
de DxOMark no apartado fotográfico, situándoo entre os mellores smartphones do
mercado, aínda que en vídeo tamén pode presumir de contar con cámara super
lenta a 960 imaxes por segundo), funciona cun potente procesador Qualcomm
Snapdragon 845 e a súa batería de 3.200 mAh conta con carga rápida por USB-C e
tamén inclúe un cargador sen fíos de 10 watts.
A cámara frontal deslizante do Mi MIX 3 ten sensores de 24 e 2 Mpíxeles, e
tamén conta con funcións avanzadas como modo retrato, iluminación de estudio,
desenfoque dinámico e incluso gravación de vídeo con desenfoque de fondo.
Ao estarmos ante un terminal de alta gama, tamén conta con Bluetooth 5.0 (compatible
con AAC, AptX e AptX HD) e NFC. Todo un buque insignia que dende hoxe está
dispoñible en tendas españolas de xeito oficial.