O Mi Note 10 Pro chega a España

luns, 23 de decembro do 2019 Marcus Fernández

O pasado 15 de novembro chegou a España o Mi Note 10, smartphone de Xiaomi que cun prezo de 549 euros prometía ofrecer unha magnífica experiencia fotográfica, pero a grande superioridade en cámaras da que presumía Xiaomi non estaba presente neste modelo en concreto, senón no Mi Note 10 Pro, que conseguiu unha puntuación de 121 en DxOMark, superando ao iPhone 11 Pro e ao Galaxy Note 10+, e que abre hoxe as súas reservas en España a un prezo de 649 euros (premiándose a reserva cun cupón de 100 euros).
Esta versión do Mi Note 10 inclúe 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, pero tamén muda nun elemento moi importante, a súa cámara principal de 108 Mpíxeles, que en vez de ter unha lente de 7 elementos, conta cunha lente de 8 elementos, de aí que supera lixeiramente á versión ordinaria deste smartphone, que resulta bastante curioso por innovar a nivel de cámara sen converterse no móbil insignia de Xiaomi, xa que a nivel de procesador optar por un gama media.

PUBLICIDADE