O Microsoft Flight Simulator faise compatibles coa VR

martes, 22 de decembro do 2020 Marcus Fernández

Este verán rexurdiu o clásico Microsoft Flight Simulator, ofrecendo unha experiencia sen precedentes ao combinar as típica funcionalidades dun simulador de voo coas posibilidades da nube, ofrecendo un grande realismo e bastante exactitude ao moverse sobre o mundo real, mantendo incluso as condicións meteorolóxicas de cada momento.
Pero tras o seu lanzamento o xogo non parou de incorporar melloras, sendo a última actualización a máis rechamante por facer posible gozar do Microsoft Flight Simulator con cascos de realidade virtual en PC, sendo compatible coas principais plataformas desta tecnoloxía (Windows Mixed Reality, Oculus e SteamVR). Deste xeito podemos gozar do simulador de voo por excelencia dun xeito aínda máis realista, podendo conservar os nosos sistemas de control favoritos, de xeito que a experiencia de uso limitaríase a un nivel de inmersión nunca visto nesta franquía.

Vídeo promocional sobre a incorporación da realidade virtual ao Microsoft Flight Simulator

PUBLICIDADE