O Microsoft Flight Simulator mellora a súa recreación da Península Ibérica

xoves, 24 de marzo do 2022 Marcus Fernández

Ante a catástrofe aérea do pasado luns decidiron adiar o lanzamento da nova actualización do Microsoft Flight Simulator até hoxe, cando por fin podemos gozar da World Update VIII: Iberia, que inclúe numerosas novidades da Península Ibérica, de xeito que lugares emblemáticos e aeroportos recreáronse con grande realismo, polo que por fin podemos voar sobre o territorio español sen atopar rarezas como que a Torre de Hércules aparecía como un edificio circular. Cómpre salientar que, aparte do monumento coruñés, tamén o aeroporto de Alvedro se beneficiou desta actualización cun modelo realizado a man.
En xeral, toda a Península Ibérica mellorou visualmente con esta actualización de balde; cidades como Bilbao ou Málaga recibiron fotogrametría; engadíronse 4 percorridos sen axudas, 4 voos introdutorios e 5 novos desafíos de aterraxe; e tamén se introduciron 99 puntos de interese (como a Catedral de Santiago, a Torre de Hércules, a Ponte de Rande e a Praia das Catedrais), dando lugar a unha experiencia de voo sobre o noso territorio que impresiona a calquera usuario deste simulador que pode gozarse en PC, Xbox Series X|S e tamén a través da nube de Xbox (o que permite gozar do xogo en equipos pouco potentes, tabletas, smartphones e incluso en vellas consolas Xbox One).

O aeroporto de Alvedro recreado no Microsoft Flight Simulator

Tráiler da nova actualización do Microsoft Flight Simulator

PUBLICIDADE