O Ministerio de Asuntos Exteriores adxudica a Ozona Tech a renovación da infraestrutura para escritorio remoto
xoves, 22 de xuño do 2023
- Ramón Ares, director executivo (CEO) de Ozona Tech
Ozona
Tech, compañía galega de solucións para a transformación
dixital, resultou adxudicataria do concurso público licitado polo
Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación
(MAEUEC) para a renovación de licenzas de software de virtualización
para escritorio remoto. Ozona Tech impúxose a outras compañías nun
contrato por un valor próximo aos 295.000 euros.
Para
Ramón Ares, director executivo (CEO) de Ozona Tech, “o escritorio
remoto é estratéxico para unha organización cunha gran dispersión
xeográfica e cunhas evidentes necesidades de seguridade”.
A
empresa galega lembra que o MAEUEC desenvolveu hai anos un modelo de
posto de traballo virtualizado que achega grandes vantaxes aos
usuarios, “ao proporcionarlles un acceso de maneira transparente e
directa aos recursos corporativos” e que “permite aos
informáticos do ministerio realizar unha administración
centralizada dos escritorios de centos de funcionarios que traballan
en embaixadas e consulados de todo o mundo”.
Ozona
Tech, que conta con máis de 20 anos de experiencia na modernización
do posto de traballo, gañou outro concurso público a finais de 2021
licitado pola AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de
Galicia) para a consultoría e implantación dunha solución de
virtualización de posto de traballo (VDI) por un importe duns 5
millóns de euros destinados a despregar 10.000 escritorios virtuais
en catro anos.