O Ministerio de Industria e AECEM colaboran na difusión do Plan Avanza

xoves, 18 de outubro do 2007 Raquel Noya

O secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, mailo presidente da Asociación Española de Comercio Electrónico e Marketing Relacional (AECEM), Marti Menen veñen de asinar un convenio marco de colaboración para a realización de actuacións de difusión e promoción do Plan Avanza, co fin de fomentar o avance da Sociedade da Información en España.
O convenio vai permitir, entre outras cousas, a realización das seguintes actuacións conxuntas:
-Xestión de actuacións de difusión enfocada a promover o coñecemento do Plan Avanza e de todas aquelas accións que promovan o coñecemento e desenvolvemento da Sociedade da Información.
-Proporcionar información e documentación sobre a evolución do comercio electrónico e o marketing director e/ou relacional: entorno legal, control da difusión, medición de audiencias...
-Fomentar a seguridade nas transaccións e nos pagos, así como a protección dos dereitos de autor.
-Organizar simposios e actividades formativas e promover a ensinanza do comercio electrónico, así como levar a cabo todo tipo de iniciativas que faciliten a adaptación das empresas españolas ós cambios no mercado.
-Proporcionar a imaxe pública da actividade de comercio electrónico e marketing director e/ou relacional.

As actuacións e iniciativas concretas relacionadas no marco deste convenio instrumentaranse nas correspondentes adendas e o convenio estará vixente ata o vindeiro 31 de decembro de 2010, data de finalización do Plan Avanza.

PUBLICIDADE