O Modo IA de Google comeza a funcionar oficialmente en español
martes, 23 de setembro do 2025
Google anunciou a ampliación do Modo IA do seu buscador a falantes de español de todo o mundo (aÃnda que polo momento parece limitarse a América Latina, xa que España non figura entre os paÃses onde o Modo IA está dispoñible). Enténdese que hoxe comeza a aparecer como unha nova pestana tanto na versión web do buscador como nas aplicacións para Android e iOS, facilitando o acceso ao novo Modo IA, a experiencia de busca con intelixencia artificial máis avanzada da compañÃa, baseada nunha versión personalizada do modelo Gemini 2.5, que combina capacidade de razoamento mellorada, multimodalidade e ferramentas para explorar información a través de preguntas complementarias e ligazóns a contidos da web.
O Modo IA está pensado para consultas máis complexas ou exploratorias, como organizar unha viaxe, atopar recomendacións locais ou comprender instrucións técnicas. O sistema, grazas á técnica chamada query fan-out, descompón cada consulta en subtemas e lanza múltiples procuras simultaneamente, co obxectivo de ofrecer respostas máis completas e relevantes.
Outra das novidades é a integración multimodal: os usuarios poden facer consultas non só mediante texto, senón tamén coa voz ou empregando a cámara para subir unha foto ou imaxe. A idea é que se poida preguntar de maneira máis natural e obter resultados adaptados, sempre acompañados de ligazóns destacadas que conducen a contidos web.
Este modo amplÃa as posibilidades de descubrimento de información e que, segundo os datos recollidos, os clics realizados dende os resultados enriquecidos coa «visión xeral creada por IA» adoitan ser de maior calidade, xa que os usuarios permanecen máis tempo nas páxinas visitadas.
A compañÃa subliña que o Modo IA está sustentado nos sistemas centrais de calidade e ranking de Google e que inclúe mecanismos para mellorar a veracidade das respostas. AÃnda asÃ, recoñece que non sempre se ofrecerá unha resposta xerada por IA cando non haxa suficiente nivel de confianza, caso no que se amosará un conxunto de resultados web convencionais. Google admite que a tecnoloxÃa está nunha fase inicial e non será perfecta, pero comprométese a mellorar a experiencia de maneira continua.
