O Moto E busca captar aos que aínda non teñen smartphone
martes, 13 de maio do 2014
Tras as numerosas
filtracións, Motorola anunciou oficialmente o Moto
E, que vai chegar ao mercado cunha intención moi clara: animar aos usuarios
de teléfonos non conectados a optar por un smartphone. Para iso, Motorola ten a
campaña #GoodbyeDumbPhone, coa
que destacan que os teléfonos sen aplicacións son cousa do pasado, polo que
instan a adquirir o Moto E, “un móbil feito para durar, cun prezo para todos”.
A nivel técnico temos un terminal bastante equilibrado, cun procesador Qualcomm
Snapdragon 200 de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento
interno ampliable mediante tarxetas midroSD de ata 32 Gb, pantalla de 4,3
polgadas cunha resolución de 540 x 960 píxeles e protección anti-pegadas e
Corning Gorilla Glass 3, cámara traseira de 5 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0,
radio FM, batería de 1.980 mAh, un grosor de 12,3 milímetros e un peso de 142
gramos, que estará dispoñible en versión cunha ou dúas tarxetas SIM e que, como
os seus predecesores, chegará coa última versión de Android (4.4) con garantía
de actualización.
Este smartphone non só promete unha autonomía que chegue á fin do día (algo que
non conseguen moitos terminais de gama alta cun uso normal), é moi resistente
(aparte da súa pantalla, tamén é resistente a salpicaduras) e, para rematar de
redondear o produto, contará con numerosas carcasas de Motorola para
personalizalo.
¿E o seu prezo? Só
89 libras esterlinas no Reino Unido, chegando tamén a España a un prezo de 119 euros na súa versión libre (tamén o ofertarán varios operadores), converténdose nunha
das mellores opcións nese rango de prezos.
Adicionalmente Motorola tamén anuncia que en poucas semanas vai achegar ao
mercado unha versión do Moto G con conectividade LTE (4G) que no Reino Unido
venderase por 149 libras esterlinas.
- O Moto E contará con carcasas para personalizar a súa aparencia e/ou dotalo de protección adicional
Vídeo promocional do Moto E