O Moto E4 Plus será o teléfono ideal para os que buscan unha boa autonomÃa
luns, 12 de xuño do 2017
AÃnda que podÃa dar a impresión de que os novos
Moto C e Moto C Plus serÃan os smartphones sucesores da familia Moto E,
Motorola anunciou
hoxe os novos Moto E4 e Moto E4 Plus, unhas
importantes actualizacións do seu catálogo de terminais móbiles que chegan para
atender a demanda de teléfonos económicos, fiables e solventes que poidan gozar
dunha boa autonomÃa.
Por unha banda o Moto
E4 conta cunha pantalla de alta definición de 5 polgadas,
procesador de 4 núcleos, 2 GB de RAM, 16 GB de
almacenamento, conectividade 4G, cámaras de 8 e 5 MpÃxeles e baterÃa de 2.800
mAh, a súa carcasa de metal estará dispoñible en varias cores e venderase en
exclusiva a través de Amazon a un prezo de 149 euros.
Pero máis rechamante é o Moto E4
Plus, un teléfono que leva a súa pantalla até as 5,5 polgadas, o que supón
un incremento de tamaño que facilÃtalle a integración dunha baterÃa de 5.000
mAh, o que suporá unha autonomÃa impresionante que non se verá prexudicada con
grandes sesións de recarga xa que funcionará cun cargador rápido de 10 watts,
de xeito que con só uns minutos de carga teremos horas de autonomÃa. A súa
cámara traseira é de 13 MpÃxeles con enfoque automático e apertura f/2.0 e a cámara
frontal de 5 MpÃxeles inclúe flash para selfies.
Chegará con 3 GB de RAM, Android 7.1 e o seu prezo de venda será de 199 euros.
En ambos casos espérase que os terminais estean dispoñibles en Amazon.es a partires do vindeiro dÃa 22.