O Moto Z3 poderÃa ser o primeiro móbil comercial con 5G
venres, 3 de agosto do 2018
AÃnda que o soño dos smartphones modulares quedou finalmente
nunha anécdota, cun reducido número de terminais que ousan a contar con módulos
de expansión para mellorar a cámara, o GPS, a baterÃa ou algún outro elemento,
dende Motorola tiveron a ben aproveitar tal tecnoloxÃa para marcarse un grande
tanto, e asà anuncian que o seu novo Moto Z3 será
o primeiro smartphone 5G do mercado, non porque xa sexa compatible coas futuras
redes 5G, senón porque xa deseñaron un módulo que
integrará un modem 5G (de xeito que conseguirá descargas até 10 veces máis
rápidas e conexións con menor latencia) e unha baterÃa adicional de 2.000 mAh.
Polo momento este terminal está orientado ao mercado norteamericano, para a súa
comercialización a través de Verizon, pero non serÃa de sorprender que algunha
compañÃa europea se anime a distribuÃlo para dar a coñecer os seus avances nas
redes 5G.
O Moto Z3 é un smartphone cun procesador Qualcomm Snapdragon 835, 4 GB de RAM,
64 GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas microSD), pantalla Super
AMOLED de 6,01 polgadas con resolución Full HD+, cámara traseira dual de 12
MpÃxeles (combinando un sensor de cor con outro monocromo), cámara frontal de 8
MpÃxeles, lector de pegadas dixitais nun lateral, baterÃa de 3.000 mAh con
carga rápida por USB-C, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, NFC, un grosor de só 6,75
milÃmetros e un peso de 156 gramos. Este competente terminal tamén é resistente
á auga e, aÃnda que está previsto que chegue ao mercado estadounidense o
vindeiro dÃa 16 a un prezo de 480 dólares, o módulo que o dotará de
conectividade 5G non sairá á venda até primeiros de 2019.
VÃdeo de presentación do novo Moto Z3