O Motorola Razr chegará a España o 10 de febreiro
martes, 21 de xaneiro do 2020
A
presentación do novo Motorola Razr creou moita expectación, por aproveitar
a nostalxia para buscar sentido ao uso dunha pantalla encartable, pero a
atención captada provocou que a súa demanda inicial fose moi superior á prevista,
de xeito que o seu lanzamento tivo que adiarse para poder subministrar unidades
dabondo para cubrir as reservas, e finalmente inicia a súa distribución
internacional, e xa sabemos cando chegará a España.
O Motorola Razr poderá reservarse a partires do vindeiro dÃa 31, chegando
definitivamente ás tendas o 10 de febreiro, confirmándose a súa
comercialización a través de Movistar, Orange e El Corte Inglés a
un prezo de venda recomendado de 1.599 euros, cantidade desorbitada se
temos en conta que o terminal está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon
710, 6 GB de RAM, 128 GB de RAM e baterÃa de 2.510 mAh, ou sexa, que falamos
dun terminal de gama media, que se non tivese unha pantalla encartable poderÃa
custar 200-300 euros, e que para usuarios intensivos presentará un serio
problema de autonomÃa (especialmente para usuarios que xa están afeitos a
baterÃas con preto do dobre de capacidade).
A utilidade de poder encartar o móbil tamén é algo bastante discutible, xa que ao
optar por unha pantalla ultrapanorámica (formato pouco axeitado para a meirande
parte dos contidos) a redución da altura ao dobrar a pantalla é bastante
limitada con respecto a smartphones tradicionais, mentres que a largura permanece
inmutable e o grosor increméntase considerablemente, polo que haberá quen considere
un paso atrás a recuperación do formato de cuncha, quedando como unha opción
máis sentimental que razoable.