O Museo Centro Gaiás estrea unha exposición sobre Castelao cunha forte compoñente tecnolóxica
xoves, 26 de xuño do 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a instalación de arte dixital Castelao. Mirar por Galicia, considerada a experiencia tecnolóxico-cultural máis ambiciosa realizada ata agora arredor da figura do destacado autor, artista, polÃtico e intelectual Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao.
Durante o acto, o titular de Cultura da Xunta de Galicia destacou que esta mostra, organizada en colaboración coa Fundación Castelao, pon en valor «as importantes achegas do intelectual galeguista a partir dun percorrido pola súa vida e a súa obra», ofrecendo unha ollada renovada tanto ás súas creacións máis emblemáticas como a episodios máis Ãntimos que marcaron o seu traxecto vital.
López Campos sinalou que esta proposta é o primeiro gran proxecto galego de arte dixital que aposta con decisión por ferramentas como a intelixencia artificial xerativa, o videomapping ou a realidade virtual, co obxectivo de recuperar a memoria dunha figura tan representativa da cultura galega como o intelectual de Rianxo. Castelao. Mirar por Galicia recrea a súa imaxe e voz con gran nivel de realismo a partir dunha ampla base documental e arquivos fotográficos e audiovisuais procedentes de diversas institucións.
Na inauguración estiveron tamén presentes o director artÃstico do proxecto, Carlos Seijo; o asesor histórico e presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane; o secretario xeral da Lingua, ValentÃn GarcÃa; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez.
Un proxecto galego con tecnoloxÃa galega
Nun contexto no que as intelixencias artificiais xerativas teñen cada vez máis presenza, Castelao. Mirar por Galicia aposta por integrar estas tecnoloxÃas como ferramenta para achegar a historia e a cultura galegas «a todo tipo de públicos, aproveitando todo o potencial das novas linguaxes, pero tamén facéndoo dun xeito ético e responsable, sen deixar de lado o necesario traballo de autor», segundo destacou o conselleiro.
Neste sentido, López Campos puxo en valor o feito de que máis de cincuenta persoas con perfÃs técnicos e creativos participaron na posta en marcha do proxecto, asà como numerosas empresas, profesionais e institucións galegas, que «proban o potencial do talento galego nun sector emerxente e punteiro como son as artes dixitais».
A empresa compostelá Maxina encargouse do deseño conceptual, a animación e o deseño da experiencia, baixo a dirección artÃstica de Carlos Seijo. Participaron tamén outras compañÃas galegas, como o Laboratorio Numax (deseño gráfico en sala), a produtora Miramemira (audiovisuais), MADA producións (accesibilidade), Daexga (transporte e montaxe) ou Vifer (instalación gráfica), entre outras.
O proxecto contou tamén coa colaboración de relevantes entidades culturais galegas, que cederon pezas para a exposición ou material para a súa integración nas recreacións dixitais. É o caso das lentes e da pluma estilográfica de Castelao, facilitadas polo Museo de Pontevedra, asà como dos fondos achegados pola Filmoteca de Galicia, o Consello da Cultura Galega, Afundación, o Arquivo Pacheco, a Fundación Castelao, a Real Academia Galega ou a Fundación Blanco Amor, entre outros organismos públicos e privados.
Unha experiencia inmersiva con videomapping
Un dos espazos centrais da mostra é unha instalación inmersiva que emprega seis proxectores e son cadrafónico para, mediante videomapping, mergullar as persoas visitantes no universo vital, polÃtico e artÃstico de Castelao. Esta experiencia desenvólvese dentro dun gran cubo de tea e papel onde tamén se poderá volver escoitar a súa voz, a través dun proceso que combinou citas orixinais da súa autorÃa, o traballo de locutores profesionais e intelixencia artificial xerativa a partir da única gravación coñecida: a mensaxe, en castelán, que gravou en 1941 en Bos Aires con motivo da estrea de Os vellos non deben de namorarse en Montevideo.
Unha cultura inclusiva e accesible
En consonancia coa Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, impulsada pola ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude, Castelao. Mirar por Galicia incorpora diversas medidas para garantir o acceso a todos os públicos. Entre estas accións inclúense contidos en lingua de signos, textos adaptados en lectura fácil, bucle magnético e, proximamente, materiais sonoros especÃficos para persoas con discapacidade visual.
A mostra forma parte da programación especial da Xunta de Galicia con motivo da celebración en 2025 do Ano Castelao. Poderá visitarse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura ata o 11 de xaneiro de 2026, con entrada libre e gratuÃta, e incluirá a partir do vindeiro curso unha proposta didáctica especÃfica para centros educativos.
