O Museo do Prado pode visitarse en Animal Crossing: New Horizons

martes, 4 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

O Museo Nacional do Prado vén de abrir unha illa no videoxogo Animal Crossing: New Horizons, co que achegan coleccións do Prado a xogadores de todo o mundo, contribuíndo así ao fomento da sensibilidade cara á arte e a cultura.
A illa conta cunha particular versión do Museo do Prado que exhibe algunhas das súas obras máis representativas en catro percorridos, así como un percorrido adicional nunha interpretación da Quinta do Xordo, fogar de Francisco de Goya.
Esta iniciativa inclúe tamén un proxecto educativos que permite acceder a calquera aos cinco itinerarios temáticos que poden seguirse a través de máis de 30 cápsulas en vídeo dispoñibles na páxina web do proxecto, onde achegaranse multitude de recursos para realizar eses percorridos tanto no museo como dende calquera parte do mundo.
Os usuarios de Animal Crossing: New Horizons tamén poden crear a súa propia colección do Museo do Prado descargando, mediante códigos QR, as súas obras favoritas. Para achegarse a esta representación virtual do Museo do Prado dentro do xogo para Nintendo Switch cómpre empregar o código de soño DA-5758-6558-3912.

Vídeo promocional da illa do Museo do Prado en Animal Crossing: New Horizons

PUBLICIDADE