O Museo do Videoxogo de Galicia renovarase no verán

luns, 18 de abril do 2022 Marcus Fernández

O Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) pecha temporalmente as súas portas para experimentar unha profunda transformación, de xeito que no verán Cangas estreará unha nova sede da Fundación MUVI que aproveitará os seus 320 metros cadrados para albergar amplas e novas áreas de traballo, exposición e divulgación, con atención á industria galega, representada coa colaboración de videoxogo.gal.
O Novo MUVI será un centro de preservación de referencia a nivel galego, con acceso de balde grazas aos seus patrocinados e ao Concello de Cangas. Temos así que o adeus ao vello MUVI é realmente unha boa nova, xa que supón un novo comezo con máis forza e colaboracións que contribuirán a consolidar un espazo que pode ser a bandeira dun sector cultural que cada vez ten maior peso económico e social.

Vídeo promocional do novo Museo do Videoxogo de Galicia

PUBLICIDADE