O Netgear EVA9150 reproduce practicamente calquera vÃdeo en alta definición
martes, 21 de abril do 2009
Coa
entrada dos televisores de alta definición nos salóns domésticos e ante a pouca
penetración do Blu-ray e a televisión en alta definición (ausente nas emisións
terrestres, e só anecdótica nas de satélite) moitos consumidores buscan tirar
proveito das súas pantallas mediante reprodutores multimedia coma o Netgear
EVA9150, que inicialmente véndese cun disco duro de 500 Gb á vez que
inclúe conectividade Wi-Fi e Ethernet, de xeito que pode reproducir ficheiros
multimedia localizados a través da rede local ou da súa unidade de
almacenamento interno, que subministra logo a través de HDMI, euroconector ou
RCA.
Se ben xa hai moitos dispositivos semellantes, este dispositivo Entertainment Elite de Netgear destaca
por un amplo soporte de formatos, xa que pode reproducir vÃdeo en MPEG-1/2/4,
Xvid, Divx, H.265, WMV9HD a 1.080p soportando distintos contedores coma AVI,
MOV, VOB, ISO, IFO ou mesmo MKV, de xeito que practicamente
calquera vÃdeo dos que actualmente circulan na Internet serÃa reproducible,
aÃnda que tamén é bastante bo o soporte de audio (con MP3 de ata 320 Kbps,
radio por Internet en MP3, e compatibilidade con WAV, WMA, AAC, FLAC, WMA-Pro,
M4A, AC3, DTS e outros formatos).
Para mellorar as súas posibilidades, o dispositivo tamén permite conectarse á
Rede para ler novas por RSS, visualizar imaxes de Flickr e mesmo ver vÃdeos de
YouTube, polo que resulta moi completo e versátil, aÃnda que non se anunciou a
data de lanzamento en España. Sobre o seu prezo, agardamos que estea por
debaixo dos 400 euros, pois o
modelo EVA8000 pode adquirirse por 434,9 euros actualmente.