O Netgear WNDAP320 ampliará a nosa rede Wi-Fi

xoves, 17 de marzo do 2011 Marcus Fernández

De cara á feira SITI/asLAN Netgear está a preparar numerosas novidades entre as que pode destacarse o punto de acceso ProSafe Netgear WNDAP320, que soporta os estándares Wi-Fi IEEE 802.11b/g/n e permite estender a cobertura da nosa rede sen fíos empregando o WDS, de xeito que pode ampliar o rango da Wi-Fi sen ter que contar cunha conexión física á nosa rede local (á que accedería sen fíos).
Este novo equipo de Netgear será bastante configurable e incluirá o soporte de WPA2 (para unha boa seguridade) e RADIUS (para autenticar os acceso á rede).

PUBLICIDADE