O Nexus 6p sae á venda en España
luns, 23 de novembro do 2015
A
última xeración de smartphones da familia Nexus xa están dispoñibles en España,
pois o Nexus 6p, terminal que faltaba por comercializarse en España tras a
súa presentación hai un par de meses, xa pode mercarse a nivel europeo tras
estabilizarse o seu subministro nos EE.UU. Dende hoxe o Nexus 6p pode adquirirse
en Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido, PaÃses Baixos Portugal e España a un
prezo de 649 euros para o modelo con 32 GB de almacenamento interno e de 699
euros con 64 GB de capacidade, mentres que o modelo de 799 euros con 128 GB de
almacenamento está aÃnda pendente de chegar ao noso territorio. O outro móbil
da familia, o Nexus 5X,
está á venda por 479 euros no modelo con 16 GB e a 529 euros o seu modelo con
32 GB.
A curiosidade do Nexus 6p é que serÃa o primeiro smartphone da familia en estar
fabricado por Huawei. Chega en 3 cores diferentes (aluminio, grafito e branco
neve) e para suavizar lixeiramente a elevada diferenza de prezo entre os
mercados norteamericano e europeo (o prezo de partida noso EE.UU. deste
teléfono é de 499 dólares) os compradores do novo terminal recibirán de balde
un dos novos
Chromecast (valorado en 39 euros), promoción que estará dispoñible até o 8
de decembro.
O Nexus 6p é un smartphone con pantalla AMOLED de 5,7 polgadas cunha resolución
de 2.560 x 1.440 pÃxeles), procesador Qualcomm Snapdragon 810 (bastante
polémico por quecer en exceso), 3 GB de RAM (LPDDR4), unha cámara traseira de
12,3 MpÃxeles considerado como unha das mellores do mercado actualmente, cámara
frontal de 8 MpÃxeles, lector de pegadas dixitais, baterÃa de 3.450 mAh (que
promete durar todo o dÃa é que pode cargarse mediante un porto USB tipo C, ou
sexa, reversible), un grosor de 7,3 milÃmetros e un peso de 178 gramos. É un
dos primeiros teléfonos en chegar ao mercado con Android 6.0.
Un interesante produto para os que gusten de smartphones de grande tamaño e de
gozar das actualización oficiais de Android con prioridade.
- O Nexus 6p ten unha enorme pantalla de 5,7 polgadas
- A baterÃa de 3.450 mAh do Nexus 6p promete achegarlle unha autonomÃa dabondo para todo o dÃa