O Nexus One estrea soporte para o coche
xoves, 8 de abril do 2010
Este mes chegará oficialmente
ao mercado español o popular móbil Nexus One, demora que será premiada co feito
de que o terminal chegará acompañado de distintos accesorios dispoñibles na
tenda en liña de Google, coma un soporte
para levar o móbil no coche, que xa pode adquirirse
nos EE.UU. por 55 dólares, e que vai máis aló dun simple adaptador
para fixar o terminal no vehÃculo, pois facilita a carga da súa baterÃa e
integra conectividade Bluetooth, para facilitar o seu uso coma mans libres ou
para a navegación GPS.
O soporte pode instalarse no salpicadeiro do coche ou no parabrisas e deberá
conectarse ao acendedor do vehÃculo no caso de querer empregarse coma cargador
do Nexus One. Inclúe altofalantes e controis de volume, e o seu
uso combÃnase cunha aplicación para o móbil, de carga automática,
que facilita o acceso a Google Maps, a navegación GPS, a busca por voz, os
contactos e a música dende o coche.