O Nokia 500 aposta polas carcasas de cores e o S.O. Symbian Anna
luns, 1 de agosto do 2011- O Nokia 500 incluirá 3 carcasas de cores intercambiables
Pese a
que Nokia ten a vista posto no Windows Phone 7, continúa a lanzar smartphones con outros sistemas
operativos, como o novo Nokia 500,
que funciona con Symbian Anna, e trátase dun terminal que busca ter un prezo
reducido (venderase libre a 150 euros) e que estará
dispoñible no último trimestre do ano.
Externamente o Nokia 500 é un móbil que destaca pola súa aposta cromática
(inclúe 3 carcasas intercambiables de distintas cores), ten unha pantalla
táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de 640 x 360 pÃxeles, cámara de 5
MpÃxeles, procesador a 1 GHz, 2 Gb de almacenamento interno ampliable mediante
tarxetas microSD de ata 32 Gb, banda larga móbil ata a 5,8 Mbps, Bluetooth 2.1,
Wi-Fi, radio FM, GPS (inclúe Nokia Mapas), reprodutor musical completado cun
receptor de radio FM e unha aplicación para acceder a emisoras en liña e mesmo unha
aplicación para conectarse coas nosas redes sociais.
Este novo terminal mide 111,3 x 53,8 x 14,1 milÃmetros, pesa 93 gramos e, pese
a ter unha potencia considerable, mantén a súa autonomÃa en 5-7 horas en
conversa e máis de 450 horas en espera (como reprodutor musical pode aguantar
ata 35 horas seguidas).
Presentación en vÃdeo do novo Nokia 500
- O novo móbil de Nokia destacará pola súa diversidade cromática