O Nokia 6260 slide fai doado compartir fotografías e vídeos
martes, 25 de novembro do 2008
A primeiros de
2009 chegará ás tendas o Nokia
6260 slide, un terminal de gama media (o seu prezo libre sería de 299
euros + IVE) que incorpora moitas das prestacións propias dun móbil de alta
gama, como sería a alta conectividade (3G/HSDPA e Wi-Fi), o receptor GPS, o
reprodutor multimedia e a súa cámara de 5 Mpíxeles (con lente Carl Zeiss e
flash).
Este móbil da familia S40 tamén permite facer uso dos servizos en liña de Ovi,
o que fai doado compartir a través da Internet os vídeos e as fotografías que
tomemos co terminal, así como relacionarnos cos nosos amigos.