O Nokia 7 busca facerse un oco na gama media
xoves, 19 de outubro do 2017
A
volta da marca Nokia ao mundo dos smartphones vÃase inicialmente con certa
ilusión, pero a súa entrada nos móbiles de gama media-alta foi un tanto
decepcionante, xa que o Nokia
8, pese ás súas prometedoras especificacións, chegou a un mercado a un prezo
totalmente disparatado (uns 599 euros), o que parece que está en vÃas de
solución grazas ao lanzamento dun terminal bastante máis accesible, o Nokia 7.
Este novo terminal de fabricación chinesa aposta por un procesador Qualcomm
Snapdragon 630 e cámaras ZEISS que recuperan o concepto de bothie que quixo popularizar o Nokia 8 (que consiste en disparar
simultaneamente as cámaras frontal e traseira para conservar ambas caras da
historia). Tamén busca que a súa estrutura de aluminio sexa un detalle que
contribúa á súa resistencia e deseño, converténdose nun terminal robusto e
atractivo.
AÃnda que o Nokia 7 chega de fábrica con Android 7.1.1, está previsto que
reciba en breve Android 8, asà como actualizacións de seguridade mensuais.
No que respecta ás súas especificacións, falamos dun smartphone con 4/6 GB de
RAM, 64 GB de almacenamento ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB,
pantalla IPS Full HD de 5,2 polgadas, cámara traseira de 16 MpÃxeles e apertura
f/1.8 co flash de dobre ton e cámara frontal de 5 MpÃxeles con apertura f/2.0,
baterÃa de 3.000 mAh recargable por USB-C, NFC, Bluetooth 5 e un grosor de 7,92
milÃmetros (do que a cámara traseira sobresae 1,2 milÃmetros).
Sairá á venda o
dÃa 24 en China a un prezo de 2.499 iuans (319 euros) para o modelo con 4
GB de RAM e de 2.699 iuans (345 euros) para o modelo con 6 GB de RAM.