O Nokia 7705 Twist, ideal para a mensaxería

venres, 11 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Nokia presentou un novo móbil que inicialmente chegará aos EE.UU. e que sorprende polo seu formato cadrado. O Nokia 7505 Twist é un curioso terminal cunha pantalla de 2,4 polgadas con resolución QVGA, tras a que agocha un teclado QWERTY, o que o converte nun trebello ideal para a mensaxería (tanto para as mensaxes de texto como para o correo electrónico).
O móbil conta con conectividade EV-DO (no seu modelo norteamericano) o que permítelle acceder ás redes sociais e outras páxinas web a través dun navegador HTML. Tamén conta con cámara de 3 Mpíxeles con flash e enfoque automático (e gravación de vídeo), Bluetooth e conector para auriculares de 2,5 milímetros.

PUBLICIDADE