O Nokia Lumia 620 busca popularizar Windows Phone 8 cun prezo axustado
mércores, 5 de decembro do 2012
O vicepresidente executivo de Deseño de Nokia, Marko
Ahtisaari, fixo acto de presenza durante a celebración en París do encontro LeWeb, aproveitando a ocasión para
dar a coñecer o novo terminal con Windows Phone 8 que incorporan ao seu
catálogo, o Nokia
Lumia 620.
Este novo terminal terían unha aparencia máis xuvenil, con carcasas intercambiables
de cores rechamantes (verde lima, branco, amarelo, rosa, azul e gris escuro) e
o prezo máis accesible de toda a familia Lumia con Windows Phone 8 (que nos
EE.UU. sería de 249 dólares, mentres que en España custará 269 euros libre). Un dos detalles máis rechamantes deste móbil
que porase á venda no primeiro trimestre de 2013 é a súa pantalla de 3,8
polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, que é comparable á do Lumia
820, ou sexa, que ten un bo comportamento en exteriores.
Entrando
en detalles máis técnicos estamos ante un smartphone con procesador
Snapdragon S4 de dobre núcleo a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 8 Gb de almacenamento
interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb, cámaras de 5 e 0,3 Mpíxeles,
Wi-Fi N de dobre banda, Bluetooth 3.0, GPS, NFC, micro USB, conector para
auriculares estándar e batería extraíble de 1.300 mAh, que permite unha
autonomía de ata 14,6 horas en conversa (con 2G) e 330 horas en espera (con
3G). O terminal mide 115,4 x 61,1 x 11 milímetros e pesa 127 gramos, polo que
sería máis compacto e lixeiro que os seus irmáns maiores.
Pese a que o Nokia Lumia 920 sexa o móbil máis reservado na historia de Nokia,
parece que o Lumia 620 vai conseguir chegar a un público máis amplo, grazas a
chegar como un dispositivo bastante completo e elegante que consegue manter un
prezo contido.
Vídeo de presentación do Nokia Lumia 620
Intervención de Marko
Ahtisaari na xornada de hoxe de LeWeb
