O Nokia N8, tamén en rosa

luns, 2 de maio do 2011 Marcus Fernández

A nova cor pretende facer o terminal máis atractivo para o público feminino

A oferta de novas cores ten demostrado en numerosas ocasións a dinamización das vendas en produtos de electrónica de consumo (sendo o exemplo máis recente o do iPhone 4 de cor branca) e tendo iso en conta Nokia vén de anunciar que o seu móbil Nokia N8 vai estrear modelo en rosa, compartindo as características dos seus predecesores (como a cámara de 12 Mpíxeels e a gravación de vídeo en alta definición).
O Nokia N8 xa estaba dispoñible en distintas cores (gris escuro, branco/prata, laranxa, azul e verde) e a deseñadora senior Rachael Bell asegurou que «seguindo coa fantástica resposta ao abano de cores no que lanzamos o Nokia N8, parecía un paso natural estender a súa elección».
Polo momento dende Nokia non comentan a data na que o novo terminal chegará ao mercado, pero é de agardar que estea dispoñible en poucas semanas.

PUBLICIDADE