O Nokia X7 chegará cun novo Symbian

martes, 12 de abril do 2011 Marcus Fernández

O Nokia X7 estrearase cunha grande pantalla e un sistema operativo renovado

A operadora británica Three amosou en primicia o novo móbil de Nokia, o X7, un terminal con pantalla táctil AMOLED de 4 polgadas, cámara de 8 Mpíxeles con flash LED dual e zoom (capaz de gravar vídeo en HD), procesador a 680 MHz, 256 Mb de RAM, 1 GB de ROM, 8 Gb de almacenamento (na tarxeta de memoria que inclúe de serie), sistema operativo Symbian Anna (renovación do Symbian^3 con características como un teclado QWERTY apaisado, un navegador web mellorado e mellor integración coas redes sociais) e un prezo libre de 380 euros (antes de impostos e subvencións), agardándose o seu lanzamento no presente trimestre.
Ao Nokia X7 non lle faltan pantallas de inicio personalizables (para poder presentar información actualizada dos novos correo electrónico, a nosa mensaxería instantánea, a nosa actividade en Facebook e Twitter, titulares coas novas de actualidade e moita máis información), navegación GPS de balde (con Ovi Mapas) e acceso a servizos de Web TV.


Vídeo de presentación de Three do novo Nokia X7

PUBLICIDADE