O OnePlus 11 chegará a China en xaneiro

luns, 26 de decembro do 2022 Marcus Fernández

A través da plataforma social chinesa Weibo deuse a coñecer o que será o OnePlus 11, un smartphone que sairá á venda o vindeiro 4 de xaneiro, adiantándose ao anunciado evento Cloud 11 que celebrarán na India en febreiro, e que é cando se esperaba que presentasen este teléfono.
Os detalles que adiantan do OnePlus 11 son que contará con procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2, 12/16 GB de RAM LPDDR5X, até 512 GB de almacenamento UFS 4.0, un sistema de antenas que asegura unha boa recepción de sinal cando o teléfono se sostén en horizontal ou vertical, sistema operativo Android 13 coa capa de personalización ColorOS e un módulo de cámaras certificado por Hasselblad que posiblemente sexa o punto forte deste smartphone a nivel comercial.

O novo smartphone de OnePlus chega coa colaboración de Hasselblad no apartado das cámaras

PUBLICIDADE