O OnePlus 13 estréase como un dos mellores smartphones para comezar 2025
martes, 7 de xaneiro do 2025
OnePlus estrea o seu novo smartphone insignia, o OnePlus 13, que chega coa potencia do procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite, o sistema operativo OxygenOS 15 afinado para dar unha maior sensación de velocidade, as súas caracterÃsticas cámaras deseñadas en colaboración con Hasselblad que prometen retratos con calidade de estudio, a posibilidade de gravar vÃdeo 4K Dolby Vision con todas as súas cámaras, resistencia IP69 (funcionando a súa pantalla táctil incluso cando está mollada), e unha impresionante baterÃa de 6.000 mAh con carga rápida de 100 watts por cable e 50 watts por indución.
A pantalla de 6,82 polgadas con resolución Quad HD+ e un brillo pico de 4.500 nits presume de ser a primeira en conseguir unha cualificación A++ por parte de DisplayMate, ou sexa, que se sitúa como unha das mellores pantallas de móbil da actualidade, aÃnda que non só sorprende polo seu alto brillo, senón tamén por contar con modos que facilitan o seu uso baixo a chuvia ou incluso con luvas postas.
O OnePlus 13 non quere quedar atrás na carreira da IA, e permite usar Gemini como asistente, conta coa función de rodea para buscar de Google e tamén permite que a IA realice suxestións de estilo ao redactar mensaxes de texto. A nivel fotográfico a IA tamén pode empregarse para mellorar os detalles das imaxes, aplicar desenfoques naturais e borrar reflexos.
A nivel fotográfico conta cunha cámara traseira tripla, cun sensor principal Sony LYT-808 estabilizado de 50 MpÃxeles, un teleobxectivo 3x de 50 MpÃxeles e un ultra grande angular de 50 MpÃxeles, apoiados polo enfoque automático dun sensor láser. Pola súa banda, a cámara frontal conta cun sensor Sony IMX615 de 32 MpÃxeles.
Este completo e atractivo móbil chega ao mercado a un prezo de 1.079 euros con 16 GB de RAM e 512 GB de almacenamento, contando tamén cunha versión con 12 GB de RAM e 256 GB de capacidade que custa 1.029 euros. Coa compra inclúese sen carga adicional un reloxo OnePlus Watch 2R valorado en 279 euros, que destaca por ser un dos reloxos con Wear OS con maior autonomÃa do mercado ao combinar dous sistemas operativos (Wear OS 4 para as aplicacións complexas e RTOS para funcións máis básicas).
Para usuarios menos esixentes a compañÃa pon tamén á venda o OnePlus 13 R, que terá un prezo de 769 euros con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento. Este modelo máis básico conformarÃase cun procesador do ano pasado (Snapdragon 8 Gen 3), reducirÃa lixeiramente a pantalla até ás 6,78 polgadas, e optarÃa por unhas cámaras máis limitadas (por exemplo, o teleobxectivo ten un zoom de 2x, e o ultra grande angular confórmase con 8 MpÃxeles de resolución). En calquera caso segue a ser un smartphone moi competente e ben construÃdo que de seguro que atopará o seu público.