O OnePlus 3 chega ao mercado a un prezo de 399 euros
martes, 14 de xuño do 2016
A compañÃa chinesa OnePlus leva un par de anos tentando
convencer aos consumidores de que é posible comercializar smartphones coa
calidade dos móbiles insignia de primeiras firmas a un prezo reducido, e o
atractivo da súa proposta obrigáballes a entregar o produto ao mercado de xeito
dosificado, para poder atender á demanda, polo que estableceran un molesto
sistema de invitacións para poder mercar os seus produtos, e agora que chega o OnePlus 3, cunhas magnÃficas
especificacións e un prezo contido, o feito de que xa non haxa limitacións
artificiais para a súa compra global vai convertelo sen dúbida nun dos smartphones
de éxito e referencia dos vindeiros meses.
O OnePlus 3 é un potentÃsimo cunha pantalla Optic AMOLED Full HD de 5,5
polgadas con protección Corning Gorilla Glass 4, que curiosamente agora xa non
parece un atranco polo seu elevado tamaño como acontecÃa nos modelos anteriores
(que chegaron nun momento no que o mercado aÃnda non estaba afeito ás pantallas
de 5,5 polgadas).
O novo teléfono funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon
820 con 6 GB de RAM (LPDDR4), 64 GB de almacenamento interno, cámara traseira
de 16 MpÃxeles con sensor Sony IMX 298 con apertura f/2.0 e gravación de vÃdeo
en ultra alta definición, cámara frontal de 8 MpÃxeles con sensor Sony IMX179 e
apertura f/2.0, LTE (cun modelo preparado para aproveitar as redes europeas),
Wi-Fi AC, Bluetotoh 4.2, NFC, lector de pegadas dixitais, dobre micrófono con
cancelación de ruÃdo, LED de notificacións, dobre nano SIM, conector de audio
de 3,5 milÃmetros, baterÃa e 3.000 mAh con sistema de carga rápida Dash Charge
(que en media hora completa a baterÃa até o 63%), funciona con OxygenOS
(baseado en Android Marshmallow), o acabado é en aluminio anodizado en cor
grafito ou dourado suave, o seu grosor é de só 7,35 milÃmetros e o seu peso de
158 gramos.
Con estas especificacións propias dos smartphones de alta gama doutros
fabricantes temos que o produto está á
venda por 399 euros, con gastos de envÃo de balde, polo que realmente vai
supor toda unha ameaza para outros terminais desta categorÃa, quedando só por
debaixo dos grandes flagships na súa
resolución de pantalla, que limÃtase ao Full HD posiblemente para conservar
unha boa autonomÃa, polo que os usuarios que non precisen de máis resolución
(por exemplo, para aplicacións de realidade virtual), teñen aquà un dispositivo
que estarÃa preparado de sobra para aguantar varios anos sen quedar curto en prestacións.