O OnePlus 5T aposta pola pantalla 18:9 e unha mellor cámara dual
xoves, 16 de novembro do 2017
No mes de xuño presentouse o OnePlus 5, un smartphone cunha
configuración moi completa que buscaba reforzar a posición dunha marca
consolidada como alternativa fiable aos principais fabricantes, e agora
anuncian o seu sucesor o OnePlus 5T,
smartphone que sairá á venda o 21 de novembro a un prezo que parte dos 499
euros e que sube ao carro das últimas tendencias de mercado ao apostar por unha
pantalla Full Optic AMOLED de 6 polgadas cunha relación de aspecto 18:9, asÃ
como unha dobre cámara mellorada.
Temos asà un smartphone cunha aparencia moi delgada, un corpo integran de
aluminio, un lector de pegadas dixitais cerámico de grande velocidade (recoñece
as pegadas en 0,2 segundos) e unha notable mellora na súa cámara traseira, xa
que aÃnda que a cámara principal de 12 MpÃxeles cunha apertura f/1.7, a súa
cámara secuendaria tamén aposta por unha apertura f/1.7, de xeito que agora
ambas recolle unha maior cantidade de luz. A cámara frontal, pola súa banda,
confórmase cun sensor de 16 MpÃxeles e unha apertura f/2.0.
A cámara tamén mellora a nivel de software, conseguindo asà un modo retrato
cunha mellor redución de ruÃdo e, mediante un algoritmo multi-cadro tamén
consegue que, ao comparar varias imaxes da mesma escena poidan filtrarse
inconsistencias e mellorar asà a claridade xeral dos retratos.
O OnePlus 5T funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 835 con 6/8 GB de RAM,
64/128 GB de almacenamento interno (UFS2.1-LANE), dobre nano-SIM, Wi-Fi AC,
Bluetooth 5.0, NFC e baterÃa de 3.300 mAh con carga rápida por USB-C (que en
media hora conseguirÃa carga dabondo para aguantar un dÃa enteiro); ten un
grosor de 7,3 milÃmetros e un peso de 162 gramos. En definitiva, un móbil capaz
de competir coa alta gama de compañÃas como Samsung ou LG (de feito, é bastante
difÃcil de distinguir externamente dun Galaxy S8 ou dun LG G6), sempre que o
consumidor non teña prexuÃzos cos fabricantes chineses.
- Como vén a ser habitual na marca, o OnePlus 5T funciona con OxygenOS, unha versión personalizada de Android