O Oppo Find 5 marca o tope de gama de Android dende China
mércores, 12 de decembro do 2012
O fabricante chinés Oppo está a conseguir cada vez máis
relevancia, e para continuar a súa aposta por dominar a alta gama dos móbiles
con Android no mercado asiático estrea agora o
Find 5, impresionante smartphone cunha pantalla de 5 polgadas Full HD (o
que supón unha densidade de pÃxeles de 441 dpi superando sobradamente os 326
dpi do iPhone 5), que non só pode presumir dunha das mellores pantallas do
mercado, senón que tamén inclúe un procesador Snapdragon S4 Pro APQ8064 de 4
núcleos a 1,5 GHz e 2 Gb de RAM, de xeito que vai sobrado en potencia.
A nivel de cámaras tampouco queda curto o Oppo
Find 5, xa que a súa cámara traseira de 13 MpÃxeles inclúe HDR por hardware
tanto para fotografÃas como para vÃdeo e incluso pode capturar vÃdeo en cámara
lenta a 120 cadros por segundo; a cámara frontal cos seus 1,9 MpÃxeles tamén
pode superar a funcionalidade básica da videoconferencia e resultar práctica
para disparar auto-fotos.
Completan o terminal 16 Gb de almacenamento interno, unha baterÃa de 2.510 mAh,
tecnoloxÃa NFC, Wi-Fi Direct, DLNA, Android 4.1.2 e auriculares. Mide 141,8 x
68,8 x 8,86 milÃmetros e pesa 165 gramos (algo normal para un dispositivo de
tal tamaño). Venderase a primeiros de 2013 en varios mercados aÃnda non
concretados, sendo o seu prezo en China de 2.998 iuans (367,69 euros), o que resulta
extraordinariamente competitivo se temos en conta que está por debaixo de
dispositivos moi inferiores en prestacións.
- O Oppo Find 5 destaca pola súa pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles