O Oppo R819 chegará en setembro a un prezo de 269 euros
luns, 19 de agosto do 2013
Os fabricantes chineses continúan achegando potentes
smartphones con Android que con prezos moi competitivos parecen querer rachar o
mercado, e aÃnda que a meirande parte das compañÃas non chegan a vender os seus
produtos globalmente, algunhas como Oppo están a buscar unha boa proxección
internacional, e asà este fabricante anuncia que a primeiros de setembro vai
comercializar o seu novo Oppo R819, que pode reservarse xa a un prezo de 269
euros.
O Oppo R819 é un
smartphone con Android 4.2.1 que pese a ter unha pantalla IPS de 4,7 polgadas
de alta definición (720p) consegue ser cómodo de levar enriba grazas ao seu
peso de só 110 gramos, aÃnda que tamén resulta impresionante ver como toda a
súa tecnoloxÃa pode integrarse nun corpo cun grosor de só 7,3 milÃmetros.
Un dos puntos fortes deste móbil son as fotografÃas, pois incorpora unha cámara
traseira Sony Exymor BSI de 8 MpÃxeles (con HDR, detector de sorrisos e
panorámicas) capaz de disparar en só 0,6 segundos e de tomar ata 100
fotografÃas a 5 imaxes por segundo. A súa cámara frontal é de 2 MpÃxeles e
conta cun angular bastante amplo, para facilitar a realización de auto-fotos en
grupo.
O móbil incorpora funcionalidades como poder acender a pantalla do móbil con só
2 toques, poder dar a volta o móbil para enmudecer unha chamada á que non imos
responder, poder responder unha chamada con só mover a man sobre a pantalla e o
móbil tamén manterá a pantalla cun bo nivel de brillo e acendida mentres
esteamos a mirala.
A baterÃa do Oppo R819 é de 2.000 mAh, soporta 2 tarxetas SIM, integra receptor
de radio FM, o seu
procesador é de catro núcleos (a 1,2 GHz), funcionará con 1 Gb de RAM e 16 Gb
de almacenamento interno, pode transmitir contidos multimedia sen fÃos
(Wi-Fi Display/DLNA) e sorprende especialmente por unha capacidade de elección
que bastante rechamante: aÃnda que inicialmente venderase cunha versión limpa
de Android, máis adiante será posible optar por encargalo con Color ROM
(versión de Android cociñada por
Oppo).