O Oppo X 2021 podería ser o primeiro móbil á venda con pantalla enrolable

xoves, 18 de febreiro do 2021 Marcus Fernández

Mentres LG deixaba ver o que podería ser o seu futuro LG Rollable como un produto que vería a luz antes de rematar o ano, dende Oppo van moito máis aló, e sen saber aínda cando será oficial o seu smartphone con pantalla enrolable, xa hai vídeos nos que pode verse en funcionamento e incluso compararse con Samsung Galaxy Fold2, de xeito que o Oppo X 2021 podería pasar en breve de ser un teléfono conceptual a converterse nun interesante produto no mercado de consumo.
O Oppo X 2021 deixouse ver inicialmente nun vídeo do francés Brandon Le Proktor, a quen seguiron poucos días despois na canle de YouTube xermana AllRoundPC, polo que enténdese que Oppo ten moito interese en crear expectación por unha nova categoría de produto que, de comercializar antes que outros competidores podería incrementar considerablemente o seu recoñecemento de marca.
Este interesante smartphone conta cunha pantalla OLED que enrólase aos lados do propio terminal mediante motores en cada lado, conseguindo incrementar considerablemente o ancho da pantalla, aínda que sen conseguir unha largura comparable á dos Galaxy Fold2, o que podería xustificarse polo seu tamaño máis compacto.
Tras ver este teléfono en acción é doado decatarse de que esta tecnoloxía está bastante avanzada, e as principais dúbidas sobre este tipo de produto estarían principalmente na súa resistencia a longo prazo e, por suposto, no seu prezo, sendo este último detalle moi importante para a súa aceptación comercial, como demostrou nas últimas semanas o Galaxy Fold2, que agora que ten un prezo moi inferior ao de lanzamento está a converterse na opción de moitos entusiastas da tecnoloxía.

Vídeo no que Brandon Le Proktor amosa o Oppo X 2021

O Oppo X 2021 visto en AllRoundPC

PUBLICIDADE