O Osmo Mobile 3 de DJI pode encartarse para facilitar o seu transporte
martes, 13 de agosto do 2019
DJI
vén de renovar o seu estabilizador para móbiles, e ao igual que o
Osmo Mobile 2 melloraba en prezo e prestacións ao seu predecesor, o Osmo Mobile 3 chega
cun prezo moi agresivo (109 euros), moitas prestacións melloradas, e un cambio
que probablemente sexa o seu mellor argumento de compra: un deseño encartable
para facilitar o seu transporte.
O Osmo Mobile 3 integra un estabilizador de 3 eixes para gravar vÃdeos estables
e fluÃdos reducindo os tremores; pesa 405 gramos e pode pregarse para
transportalo comodamente; aposta por unha empuñadura ergonómica para facilitar
o seu uso durante longas gravacións; incorpora xestos para realizar
autorretratos ou comezar a gravar; inclúe ActiveTrack 3.0, unha tecnoloxÃa de
seguimento de obxectivos que facilita a gravación de escenas que esixan
movementos rápidos (e que tamén pode aplicarse a hyperlapses); facilita
a creación de panorámicas e timelapses; conta con modo Sport para filmar
acción con moito movemento; e a súa aplicación móbil inclúe modelos para
facilitar a realización de rápidas montaxes para logo compartilas en redes
sociais e plataformas de vÃdeo. Tamén pode rotar rápido entre a posición
horizontal e vertical, adaptándose asà ao tipo de plataforma para a que
queremos crear vÃdeo.
Temos asà unha revisión do gimbal para móbiles de DJI que sen grandes
melloras na estabilización consegue captar a atención por ser máis lixeiro e
compacto.
- O Osmo Mobile 2 pode mercarse tamén cun trÃpode e unha funda de transporte por 129 euros
VÃdeo de presentación do DJI Osmo Mobile 3