O PP de Galicia denuncia o retraso na implantación da TDT no medio rural galego
luns, 11 de agosto do 2008
O deputado
popular, César Pérez Ares, salientou esta mañá que a implantación da
televisión dixital terrestre “está moi
retrasada nos concellos rurais galegos” xa que, segundo datos obtivos
directamente do Ministerio de Industria, “a
TDT non chegaría a cubrir Galicia ata o ano 2016”, moi lonxe da data do 3 de abril do 2010 prevista
para o apagón analóxico.
Pérez Ares fixo público o seu descontento cos
datos facilitados pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións, segundo os
cales, o chamado apagón analóxico non se podería producir na nosa Comunidade
nas datas previstas, pois “boa parte dos
concellos galegos quedarían sen recibir o sinal de televisión”.
A este respecto, o PP de Galicia solicitou un
“esforzo na implantación da rede dixital
se se queren cumprir os prazos”.
O partido vén de denunciar, asemade, que o apagón da Fonsagrada
(realizado no pasado mes de abril) “foi
somentes mediático” xa que parte do concello e das localidades limítrofes “seguen a ver a televisión polo sistema
tradicional” e tamén que, dos 2.000 sintonizadores prometidos pola Xunta, “tan só foron repartidos uns 900”.