O Parrot DISCO será un dron de ala fixa
mércores, 24 de agosto do 2016
Dende Parrot parecen ter caÃdo na conta de que o mercado dos
drons está moi saturado de cuadricópteros, e tras o seu popular Bebop 2
optan por un camiño diferente co Parrot
DISCO, que pretende gañarse ao público como o
primeiro dron de ala fixa para o voo inmersivo, xa que a partires do mes de
setembro venderase como un lote FPV, ou sexa, de visión en primeira persoa, xa
que virá acompañado por un mando semellante ao dunha consola de videoxogos e un
casco semellante aos empregados para a realidade virtual que achega unha
experiencia inmersiva (dando a impresión de que o usuario pilota o dron como se
fose unha avioneta), aÃnda que o seu prezo sitúa o produto bastante lonxe do
que estamos afeitos: 1.299 euros.
Este dron ultralixeiro pode voar até a 80 quilómetros por hora e a súa baterÃa
achégalle unha autonomÃa de até 45 minutos, podendo controlarse mediante Wi-Fi
cunha conexión segura que permite que poidamos recibir vÃdeo en directo dende o
dron no noso smartphone (grazas á aplicación FreeFlight Pro), aÃnda que o mando
tamén permite controlar o Parrot DISCO até a 2 quilómetros de distancia, e
incluso pode facerse que o trebello retorne ao punto de saÃda mediante piloto
automático.
O Parrot DISCO integra unha cámara Full HD cun estabilizador de 3 eixes, que
permÃtenos ver en tempo real as imaxes que capta grazas ao casco que chaman
COCKPITGLASSES, aÃnda que tamén integra 32 GB de memoria interna para poder
rexistrar as gravacións dos voos.
Temos asà un produto que en vez de ir dirixido aos entusiastas do fenómeno
dron, vai máis enfocado as seareiros do aeromodelismo ou que queiran
introducirse en tal disciplina, gozando das facilidades que achegan novos
dispositivos como este, que incorpora sistemas automáticos de despegue e
aterraxe, piloto automático asistido e incluso modo manual para os máis
ousados, que queiran desenvolver habilidades acrobáticas co seu dron de ala
fixa.
VÃdeo de demostración do Parrot DISCO