O Pixel 2 XL venderase en España por 959 euros
mércores, 4 de outubro do 2017
Hoxe foi o dÃa no que se presentou a segunda xeración dos produtos de hardware #madebyGoogle, da que forman parte os novos teléfonos Pixel, o Google Home Mini e Max, un novo Pixelbook, a cámara de mans libres Google Clips, os auriculares Google Pixel Buds e incluso unha actualización do casco Daydream View (para adaptarse aos novos teléfonos), que propóñense como unha boa combinación de hardware, software e intelixencia artificial avanzada.
Teléfonos insignia
Os produtos máis rechamante son sen dúbida os novos smartphones
da familia Pixel, xa que serán os primeiros que se comercialicen en España,
aÃnda que aquà non veremos o Pixel 2 con pantalla de 5 polgadas, senón que
teremos unicamente o Pixel 2 XL con pantalla de 6 polgadas, que poderá
adquirirse a través da tenda en liña de Google e tamén a través de Orange a
un prezo de 959 euros, chegando ao mercado o vindeiro dÃa 26.
O Google Pixel 2 XL presentará un corpo de metal resistente á auga, está
equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 935, 4 GB de RAM e 64 GB de
almacenamento; a súa pantalla pOLED de 6 polgadas ten unha resolución de 2.880
x 1.440 pÃxeles); ten cámaras de 12,2 e 8 MpÃxeles; a súa baterÃa de 3.520 mAh
ten carga rápida (por USB-C) que permÃtelle operar até 7 horas con só 15
minutos de carga. Funciona con Android 8.0 e aÃnda que atendendo ás súas
especificacións non parece un teléfono especialmente rechamante, parece ser
que, pese a carecer de dobre cámara traseira, ten unha das cámaras de maior
calidade do mercado.
Altofalantes con intelixencia artificial
A renovada aposta de Google polos altofalantes para o fogar tamén resulta interesante, xa que deciden moverse en dúas direccións á vez partindo do vello Google Home, de xeito que agora teremos o Google Home Mini, de semellantes prestacións, pero cun tamaño máis compacto e un prezo de só 49 dólares (facilitando a entrada deste tipo de produtos no fogar) e por outra banda teriamos o Google Home Max, que aspirarÃa a ser un altofalante con grande calidade sonora (o que poderÃa entenderse como unha reacción ao HomePod de Apple, que verá a luz a finais de ano). Ambos produtos integrarÃan o asistente de Google, pero polo momento non está prevista a súa comercialización en España.
Portátil con Chrome OS
Outro produto que non está previsto que chegue a España serÃa o novo Google Pixelbook, un ordenador portátil con pantalla táctil de 12,3 polgadas e lapis dixitalizador que poderÃa considerarse como un alta gama, que resulta bastante absurdo por funcionar con Chrome OS, sistema operativo orientado a tecnoloxÃas web, que caracterÃzase pola súa seguridade e por requirir poucos recursos, de aà que non se vexa moi lóxico que existan ordenadores de grande potencia dentro desta plataforma. Estamos ante un portátil moi versátil, lixeiro (1,1 quilos) e delgado (10,3 milÃmetros) que estará equipado con procesadores Intel Core i5 e i7 e até 512 GB de almacenamento, pero que partirá dun prezo de 999 dólares (o lapis dixitalizador venderÃase aparte por outros 99 dólares), o que parece un prezo moi elevado para o seu público obxectivo (o ámbito no que Chrome OS trunfa actualmente é o educativo).
Unha cámara orixinal
O produto máis curioso dos presentados hoxe serÃa a cámara Google
Clips, que busca funcionar en mans libres, colocándose sobre unha mesa,
nunha cadeira ou nun xoguete, para asà poder captar momentos familiares ou
curiosos dun xeito diferente, xa que o usuario non terá que estar detrás do
obxectivo, sendo o operador da cámara unha intelixencia artificial que buscará
os mellores momentos para disparar instantáneas e incluso recoñecerá a amigos e
familiares para procurar recollelos con máis frecuencia que a outros individuos.
Os contidos da cámara poden xestionarse a través da súa correspondente aplicación
para iOS e Android e benefÃciase da posibilidade de gardar copia das
fotografÃas e vÃdeos en Google Fotos sen limitación, aÃnda que ningún contido
sairá da cámara até que o usuario decida gardalo (evitando asà a sÃndrome de
Dióxenes dixital), converténdose nunha ferramenta moi atractiva para quen teña
pequenos ou animais na casa.
Esta cámara vendarse polo momento nos EE.UU. a un prezo de 249 dólares, e polo
momento só é compatible con móbiles como o Google Pixel, os Samsung Galaxy
S7/S8 e o iPhone (a partires do 6).
Auriculares sen fÃos de Google
Dende Google parecen estar a seguir a estratexia de Apple
cos AirPods, de xeito que ao suprimir o porto de auriculares dos Google Pixel 2
tamén decidiron lanzar os Google Pixel Buds,
auriculares sen fÃos que tanto poden empregarse para escoitar música como para
conversar co asistente de Google, e que na liña dos de Apple, tamén veñen nunha
caixa que fai á súa vez de cargador.
Outra funcionalidade interesante deste produto é que os auriculares poden
aproveitarse para funcionalidades de tradución automática, de xeito que se lle
dicimos que nos axude a falar noutro idioma os auriculares traducirán á nosa
lingua o que escoitemos e as nosas palabras sairán traducidas á outra lingua
dende o altofalante do smartphones, facilitando asà a comunicación con persoas
que falen algún dos 40 idiomas que soporta polo momento esta tecnoloxÃa.
Os Pixel Buds sairán a venda en novembro nos EE.UU. en novembro a un prezo de
159 dólares, para chegar logo a outros paÃses entre os que non figura España.
- A función de tradución en 40 idiomas pode ser un grande reclamo para facerse cos Google Pixel Buds