O Plan ÚNICO equipa con banda larga 236 vivendas e empresas de Betanzos
luns, 28 de agosto do 2023
O
delegado
do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, estivo este luns 28 de agosto en
Betanzos, onde foi recibido pola alcaldesa, MarÃa Barral, e
aproveitou para pór en valor os máis de 400 millóns de euros que
investirá o Goberno de Pedro Sánchez en Galicia no perÃodo
2018-2025 para a rehabilitación de 25.000 vivendas e a construción
doutras 1.200 vivendas sociais na nosa terra. O delegado destacou os
máis de 8 millóns de euros investidos polo Goberno en Betanzos e
salientou tamén os 2 millóns destinados a rehabilitación de
vivendas nos últimos anos.
Tamén
puxo en valor o convenio recente para actuar, con 700.000 euros, en
40 inmóbeis do centro histórico; ou o investimento de 2,2 millóns
de euros para a substitución da práctica totalidade das luminarias
do concello por outras LED, máis eficientes; os 14.500 euros para
actuacións no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
ou o Programa ÚNICO Banda Larga, que permitiu levar Internet de alta
velocidade a 236 vivendas e negocios do concello de Betanzos que
aÃnda non contaban con este servizo.