O Poco F7 chega cunha boa relación de potencia, autonomÃa e prezo
martes, 24 de xuño do 2025
Xiaomi vén de lanzar globalmente o Poco F7, un smartphone de grandes prestacións, equipado cun procesador Snapdragon 8s Gen 4, mantendo asà a tendencia desta submarca de ofrecer smartphones potentes a prezos competitivos.
O novo terminal vén equipado cunha pantalla OLED de 6,83 polgadas a 120 Hz, protexida con Gorilla Glass 7i na parte frontal. O procesador de Qualcomm vai acompañado de 12 GB de RAM LPDDR5X e opcións de almacenamento de 256 ou 512 GB UFS 4.1.
AÃnda que esteamos ante un móbil moi enfocado aos xogos, a nivel de cámara non queda moi atrás grazas ao seu sensor principal Sony IMX882 de 50 MpÃxeles con estabilización óptica, acompañado por unha ultra grande angular de 8 MpÃxeles. A cámara frontal é de 20 MpÃxeles.
Un dos puntos máis rechamantes do Poco F7 é a súa baterÃa interna de 6.500 mAh, con carga rápida por cable de 90 watts grazas á tecnoloxÃa HyperCharge de Xiaomi, capaz de acadar o 80 % en menos de 30 minutos. Tamén ofrece carga inversa de 22,5 watts por cable, unha funcionalidade pouco habitual nesta gama.
Cómpre salientar a nova polÃtica de actualizacións de Xiaomi, que comprométese a ofrecer cando menos catro anos de actualizacións de Android e un total de seis anos de parches de seguridade.
O Poco F7 chega ao mercado en cor negra, branca ou prata a un prezo de 399,99 euros para a versión con 256 GB de almacenamento e de 449,99 euros para a versión con 512 GB de almacenamento, ofrecendo Xiaomi cupóns de desconto de 30 e 60 euros respectivamente na súa páxina web, aÃnda que cómpre salientar que Amazon tamén aplica descontos neste smartphone (no modelo con 256 GB de capacidade desconta 10 euros ao tramitar o pedido, ao que haberÃa que engadir un crédito de 25 euros, mentres que para o modelo con 512 GB de almacenamento o desconto directo é de 30 euros e o crédito adicional é de 25 euros).
Evento de presentación do Poco F7
