O Poco X3 NFC poderase reservar a partir do xoves
luns, 7 de setembro do 2020
Xiaomi presentou hoxe un smartphone que busca conseguir
grande éxito nos vindeiros meses por atender ás principais demandas dos
consumidores actuais mantendo un prezo contido, o Poco X3 NFC, que
poderá adquirirse a partir do vindeiro xoves cun prezo promocional de lanzamento de 199
euros para o modelo con 6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno, mentres que
o modelo con 128 GB de almacenamento venderase a 249 euros.
Este novo smartphone funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 732G (cun rendemento
próximo ao do Poco F1, que viña cun procesador Qualcomm Snapdragon 845, ou
sexa, o procesador insignia de hai 2 anos), conta cunha xenerosa pantalla Full
HD+ de 6,67 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz, a súa cámara traseira
cuádrupla ten un sensor principal de 64 MpÃxeles, a súa cámara frontal de 20
MpÃxeles está albergada nun orificio superior central, o seu lector de impresións
dixitais está nun lateral e a súa xenerosa baterÃa de 5.160 mAh (que achegarÃa
autonomÃa para 2 dÃas de uso) conta con carga rápida de 33 watts. Temos asà un
dos smartphones 4G máis completos do mercado dentro dun rango de prezo de gama
media, de aà que o seu fabricante o promocione como «exactamente o que
precisas» e, de feito, destaca fronte a moitos competidores por contar con
altofalantes estéreo, de xeito que é un bo smartphone tanto para xogar como
para consumir contidos multimedia. Tamén ten protección contra salpicaduras
(IP53), conector para auriculares, emisor de infravermellos e, como non, NFC
para os cada vez máis habituais pagamentos sen contacto.
Para dar confianza aos consumidores aseguran que o Poco X3 NFC recibirá
actualizacións de software consistentes durante un mÃnimo de 3 anos.
Presentación do Poco X3 NFC