O Portal da Lingua, principal recurso informativo das probas CELGA que culminan a segunda convocatoria
venres, 19 de novembro do 2021
A
Xunta
de Galicia, a través da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica,
inicia esta fin de semana a segunda e última convocatoria de exames
CELGA deste 2021. En total, están inscritas case 1.600 persoas
candidatas para a obtención dos CELGA 4, 3 e 2, que se suman aos
1.987 que participaron na primeira rolda de exames, a máis completa,
que tivo lugar entre os meses de maio e xuño entre Santiago de
Compostela e Ponferrada. Novamente
todo o que precisamos sobre estas probas está dispoñÃbel no Portal
da Lingua.
Os
exames este 20 de novembro coas probas do CELGA 4 no IES compostelán
Antonio Fraguas e na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, sedes
oficiais nas que están convocadas un total DE 986 persoas, 789 en
Santiago e 197 na vila leonesa. Para cumprir coa repartición
requirida polas medidas de seguridade sanitarias, os candidatos
estarán repartidos entre os dous dÃas, de xeito que o sábado
examinaranse as persoas cuxo primeiro apelido comece por unha letra
entre o Y e o L e o domingo será a quenda dos restantes aspirantes,
que van das letras M ao X.
As
probas rematarán a seguinte fin de semana en ambas as sedes cos
exames do CELGA 3 o sábado 27, con 374 persoas admitidas (315 en
Santiago e 59 en Ponferrada), e do CELGA 2 o domingo 28, cun total de
239 aspirantes matriculados (210 en Santiago e 29 en Ponferrada). As
probas do CELGA 1, que unicamente se realizan en Santiago, non están
convocadas nesta volta.
Como
dixemos, toda a información relativa ás portas de entrada e ás
aulas asignadas está dispoñÃbel no Portal da Lingua Galega, onde
tamén se irán actualizando durante o desenvolvemento dos exames as
quendas das probas orais e os horarios nos que deben presentarse as
persoas convocadas. Ademais, todos os interesados en presentarse a
unha próxima convocatoria e/ou preparar as probas teñen toda a
información e o material de formación e autoformación no dito
portal.