O Portal de Transparencia xa recibiu máis de 2.100 peticións de datos publicos

luns, 5 de agosto do 2019 Redacción

O Executivo galego vén de facer un novo balance da actividade xerada polo Portal de Transparencia e Goberno Aberto. Os datos viñeron da man da directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, que informou de que o sitio web xa recibiu, a día hoxe, 394.756 visitas e 2.132 solicitudes de información pública.
Tamén fixo saber que dende a súa posta en marcha, o 7 de marzo de 2016, foron consultadas no portal máis de 1,5 millóns de páxinas, cun promedio de catro por visita. Prieto engadiu que a ferramenta online conten máis de 1.200 páxinas web (nas que se poden visualizar máis de 3.000 documentos) e que as máis visitadas foron as de altos cargos da Administración xeral, normativa en tramitación, contías das retribucións do persoal, axenda institucional de altos cargos, contratación pública, información de transparencia das entidades instrumentais do sector público autonómico e oferta pública de emprego.

PUBLICIDADE