O Premio Nobel da FÃsica recoñece o traballo a prol do machine learning
martes, 8 de outubro do 2024
- Ilustración de Niklas Elmehed dos galardoados
Hoxe déronse a coñecer oficialmente os gañadores do Premio Nobel da FÃsica 2024 por parte da Academia Real Sueca das Ciencias, sendo os galardoados fÃsicos destacados polo desenvolvemento de métodos fundacionais do machine learning.
John J. Hopfield, da Universidade de Princeton, creou unha memoria asociativa capaz de almacenar e reconstruÃr imaxes e outros tipos de patróns de datos, mentres que Geoffrey E. Hinton, da Universidade de Toronto, inventou un método para buscar propiedades en datos de xeito autónomo e desenvolver tarefas como identificar elementos especÃficos en imaxes.
Os traballos destes cientÃficos contribuÃron ao desenvolvemento das redes de neuronas artificiais dende os anos 80, polo que foron unha peza clave para chegar á situación actual.