O Premios Paraugas son boa mostra do talento do sector da comunicación en Galicia
venres, 12 de febreiro do 2021
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía,
Empresa e Innovación, Francisco Conde, afirmou hoxe que os Premios Paraugas,
promovidos polo Clúster da Comunicación de Galicia coa colaboración da Xunta a
través da Axencia Galega de Innovación (Gain), amosan o valor do deseño e as
novas tecnoloxías dixitais como ferramentas para incrementar a competitividade
das pemes.
Así o manifestou durante o acto de inauguración da quinta
edicións destes premios aos que optan as mellores empresas e profesionais
galegos en campos como a edición, o deseño ou o márketing dixital. Ferramentas,
engadiu, que son un factor clave de competitividade e diferenciación para
calquera empresa, e que requiren dun esforzo constante por innovar.
- A gala deste ano foi totalmente virtual, estando conducida por Luís Fraga e Belén Xestal.
Conde, que inaugurou o evento por vía telemática,
subliñou que é por iso que a Xunta está apostando por impulsar a dixitalización
e a vertente máis industrial do deseño para diferenciar o carácter innovador da
industria e do tecido empresarial galego. De feito, estes premios recollen tres
subcategorías que son: Mellor deseño gráfico, Mellor deseño industrial ou de
produto e Mellor deseño dixital.
En palabras do vicepresidente económico, os
Premios Paraugas poñen de manifesto unha edición máis, o talento das empresas e
profesionais galegos dedicados a este sector. Son a mellor plataforma para
difundir e recoñecer todo este talento con Marca Galicia, concluíu.
Entre as iniciativas galardoadas nesta edición dos Premios
Paraugas de Comunicación cómpre salientar ao proxectivo educativo da CRTVG arredor
da lingua galega, #DígochoEu,
que trunfou na categoría de Mellor Execución de Idea; tamén podemos
destacar que o premio ao Mellor Deseño Dixital recaeu en Teiga Studio pola
páxina web Arturo Álvarez; o premio á Mellor Estratexia de Marketing Dixital
foi para Visual Publinet por Bonilla a la Vista: una transformación digital
de cine; e o Mellor Proxecto de Social Media foi para Nasas por Husqvarna
España – redes sociais.