O Programa ÚNICO levará a banda larga ultrarrápida a 370 fogares e comercios de Rairiz de Veiga
venres, 25 de agosto do 2023
O
subdelegado
do Gobierno en Ourense, Emilio González, visitou este xoves 24 de
agosto o concello ourensán de Rairiz de Veiga, onde analizou na
compaña da alcaldesa, Asunción Morgade, os proxectos que se están
a levar a cabo grazas aos investimentos do Executivo central, que
superan os 600.000 euros a través des tres ministerios. Entre os
proxectos impulsados atópase a mellora enerxética da iluminación
municipal deste Concello (que está na súa segunda fase e que
consiste na substitución de luminarias de tipo tradicional por
luminarias de tipo LED) ou o subministro de banda larga para veciños
e empresas.
Este
proceso de dixitalización estase a materializar a través do
Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e
enmárcase no Programa ÚNICO, abeirado ao Plan de Recuperación,
Transformación e Resiliencia do Gobierno.
O
subdelegado explicou que o facilitará a conexión de banda larga
ultrarrápida a 370 fogares e comercios de Rairiz de Veiga, “o que
na práctica supón a dixitalización completa do territorio
municipal, dándolle acceso con velocidades de 300Mbs”, sinalou.
Tamén
lembrou que o concello Rairiz de Vega está incluído no Sistema de
Seguimento Integral de Vítimas de Violencia de Xénero do Ministerio
do Interior (VioXén). Este ano recibiu 1.737,74 euros dos Fondos do
Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.