O Proxecto Nós mobiliza recursos lingüísticos, libres e intelixentes a prol do galego
xoves, 11 de xaneiro do 2024
Co
novo ano, o portal Mancomún fixo un balance do acadado ata o de
agora polo Proxecto Nós,
iniciativa impulsada para incrementar a presenza do galego no
panorama actual da Intelixencia Artificial, posta en marcha pola
Consellería de Educación, a Secretaría Xeral de Política
Lingüística e a Universidade de Santiago. Nós, lembra Mancomún, é
un proxecto colaborativo que permitirá xerar os recursos dixitais e
lingüísticos precisos para facilitar o desenvolvemento de
aplicacións baseadas en Intelixencia Artificial (IA) e Tecnoloxías
da Linguaxe (TL) tales como asistentes de voz, tradutores automáticos
e axentes conversacionais en lingua galega. Destaca tamén pola súa
vontade de achegar recursos libres, lingüísticos e dixitais.
No
balance tamén se recorda que o obxectivo central do proxecto “é
promover a presenza dixital do galego, garantindo que a nosa lingua
non fique excluída dos novos desenvolvementos TIC, mediante a
creación dunha ampla variedade de ferramentas e recursos de alta
calidade que serán postos, de xeito gratuíto e con licenzas libres,
a disposición de calquera institución, organización ou empresa que
queira desenvolver un produto tecnolóxico, aplicación ou servizo
que incorpore o galego”.
O
Proxecto Nós é un proxecto da Xunta de Galicia cuxa execución foi
encomendada á Universidade de Santiago de Compostela, a través de
dúas entidades de investigación en Intelixencia Artificial e
Tecnoloxías da linguaxe: o ILG (Instituto da Lingua Galega) e o
CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías
Intelixentes).
Características
do proxecto Nós
O
equipo investigador está a traballar nos subproxectos de que consta
Nós, e que se corresponden con algunhas das grandes tarefas do
Procesamento da Linguaxe Natural:
–
Síntese de voz
–
Recoñecemento da fala
–
Sistemas de diálogo
–
Corrección e avaliación lingüística automáticas
–
Tradución automática
–
Xeración automática de textos
–
Extracción de información
–
Verificación de información e minaría de opinións
En
Mancomún valórase moi positivamente a adopción dentro do Proxecto
Nós de licenzas libres, o que permitirá que recursos, ferramentas e
ata casos de uso poidan ser mantidos pola comunidade de software
libre e tamén polas empresas, “o que fará posible, tamén, que a
comunidade galego-falante e galego-escribente poida realizar a súa
vida diaria na sociedade dixital do século XXI”.
Recursos
do proxecto
Parte
destes recursos xa foron recopilados e publicados na
web do proxecto.
En
Mancomún destácase que un dos máis recentes e destacados foi
AgasallaNós, cuxa campaña está a día de hoxe en marcha. O
obxectivo de AgasallaNós é recoller voces a través de
voluntarios, para enriquecer o recoñecemento de voz en galego. A
iniciativa pretende rexistrar diferentes variedades fonéticas do
galego para que as aplicacións baseadas no recoñecemento da fala
sexan quen de identificar toda a riqueza da nosa lingua.
O
obxectivo é recompilar máis de 1.000 horas de gravacións que
representen diferentes idades, xéneros e variedades dialectais.
As
colaboracións, que
comezaron os días pasados no Concello de Porto do Son, cunha
xeira de traballo na que participaron o alcalde Luis Oujo, ou o
patrón maior da Confraría de Portosín, Isaac Gaciño, poden
facerse a través da web doagalego.nos.gal,
que emprega a plataforma doutro gran proxecto colaborativo como é
Common Voice da Fundación Mozilla.