O Realme 7 5G sae á venda a un prezo de 229 euros
xoves, 19 de novembro do 2020
Dende hai meses vemos como no mercado chinés saen á venda
smartphones con 5G e prezos de saÃda por debaixo dos 300 euros, e esa tendencia
chega agora a España co lanzamento do Realme 7 5G, teléfono que
aÃnda que aseguren que ten un prezo de 279, até o remate do mes venderase
a 229 euros en Amazon.es, converténdose claramente no smartphone 5G máis
económico do mercado español. Cómpre salientar que móbiles como o Realme X50 5G
e o Samsung Galaxy A51 5G poden adquirirse actualmente por 279 e 289 euros
respectivamente, o que leva a entender que o novo terminal de Realme manterá un
prezo axustado, converténdose nunha magnÃfica opción para quen queira dar o
salto á 5G ou, simplemente, adquirir un móbil coa previsión de que vaia
aproveitar a banda larga móbil que moitos operadores normalizarán ao longo do
ano que vén.
AÃnda que sexa un smartphone relativamente económico, o Realme 7 5G é un
dispositivo bastante completo, cun procesador MediaTek 800U, 6 GB de RAM
LPDDR4x, 128 GB de almacenamento UFS 2.1, pantalla Full HD+ de 6,5 polgadas cunha
velocidade de refresco de 120 Hz, unha cámara traseira cuádrupla cun sensor
principal de 48 MpÃxeles, unha cámara frontal de 16 MpÃxeles integrada nun
orificio en pantalla, lector de impresións dixitais lateral e unha xenerosa
baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 30 watts capaz de completar unha carga
en 65 minutos e de manter unha autonomÃa de até 35 horas de chamada ou de 15 horas
consumindo contidos de TikTok. Tamén conta cun modo de aforro de enerxÃa que
con só o 5% de baterÃa aguanta en espera até 28 horas.