O Realme X50 5G chega a España a un prezo de 349 euros
mércores, 8 de xullo do 2020
Os
smartphones con 5G continúan a chegar ao mercado español con certa calma, de
xeito que por fin anúnciase a chegada do Realme X50 5G, smartphone presentado
en xaneiro na China, e que aquà estará dispoñible nunha única versión con 6
GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno a un prezo de 349 euros,
colocándose 50 euros por debaixo do Moto
G 5G Plus equivalente, converténdose nunha grande opción de compra para quen
queira dar o salto á 5G.
O Realme X50 5G está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 765 5G, ten
unha pantalla Full HD+ de 6,57 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz,
a súa baterÃa de 4.200 mAh conta con carga rápida de 30 watts (capaz de completar
unha carga en só 55 minutos), a súa cámara traseira cuádrupla conta cun sensor
principal de 48 MpÃxeles e a súa cámara frontal dual ten un sensor principal de
16 MpÃxeles. Tamén conta con Wi-Fi AC, Bluetooth 5.1, NFC e refrixeración
lÃquida, completando un dispositivo moi atractivo para os que queiran gozar de
xogos no móbil e de conexións móbiles de alta velocidade sen mercar un smartphone
de gama alta.