O Redmi 7 chega a España a un prezo de entre 139 e 179 euros

luns, 1 de abril do 2019 Marcus Fernández

A só dúas semanas da presentación do Redmi 7, o novo móbil económico de Xiaomi confirma a súa chegada a España o vindeiro día 4 a un prezo de 159 euros para o seu modelo con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno. Está previsto que o Redmi 7 chegue tamén nunha versión con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento e outra con 3 GB de RAM e 64 GB de almacenamento que distanciaríanse en 20 euros (por abaixo e por arriba respectivamente) do modelo de referencia.
O Redmi 7 é un smartphone con procesador Qualcomm Snapdragon 632, pantalla Full HD+ de 6,26 polgadas cunha pestana superior en forma de pinga, cámara traseira dual de 12 + 2 Mpíxeles, cámara frontal de 8 Mpíxeles e unha batería de 4.000 mAh que vai principalmente dirixido a quen busca un móbil económico cunha boa autonomía. A súa bandexa para dobre SIM tamén permite incorporar simultaneamente unha tarxeta microSD de até 512 GB.

PUBLICIDADE